Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"

O artista vigués gravou a peza audiovisual en San Miguel de Presqueiras en Forcarei

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do disco "PO2054AZ (Vol.1)"  © Unversal Music Spain

Capa do disco "PO2054AZ (Vol.1)" © Unversal Music Spain

"No Quiero Ser Un Cantante" é canción coa que o vigués Christian Senra abría o seu máis recente traballo discográfico "PO2054AZ (Vol.1)" (Universal Music Spain, 2023). Co video clip da súa presentación dirixo por Torso, o músico reivindicaba as súas raíces galegas ao nivel máis local, rodando en Forcarei, ao mesmo tempo de deixar claras que as súas expectativas son como creador, non como figura valeira da industria musical ou outras etiquetas. O vídeo ven de entrar na lista de nomeados para o Grammy latino deste ano na categoría 55, de videoclips de sinxelos. O do vigués é un dos cinco traballos que compiten este ano na categoría, entre os que está tamén un vídeo da coñecida Nathy Peluso e outros artistas como Kayode, Luthuly Featuring Nave e Wos. A Academia latina de Grabación entregará os premios desta 24ª edición o vindeiro 16 de novembro en Sevilla.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Sen Senra, WOS, Sevilla...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares