Luz Casal recibe un Grammy Latino honorífico á súa carreira

A cantante galega recollerá o galardón nunha cerimonia que se celebra o día 14

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Las Vegas acolle o vindeiro día 14 a cerimonia de entrega dos XIII premios Grammy Latinos. Na mesma, estará presente a cantante galega Luz Casal, que foi galardoada nesta edición cun dos Premios á Excelencia Musical da Academia Latina da Grabación, un galardón honorífico que recoñece "artistas que realizaron contribucións creativas de excepcional importancia artística no campo da grabación durante as súas carreiras". A páxina dos galardóns apunta que a intérprete galega é "unha figura icónica no rock e na música pop en español".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os Goya máis galegos

Os Goya máis galegos

Catro premios e dúas intervencións destacadas na gala debuxan unha edición con Galicia moi presente

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Casal, Pop, Rock

Claves

Protagonistas
Conceptos