María Manuela recibirá o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música

Músicas ao vivo recoñece "a longa e comprometida traxectoria" da cantora

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Maria Manuela. Fotografía de Móncia Castuera. Músicas ao Vivo.

Maria Manuela. Fotografía de Móncia Castuera. Músicas ao Vivo.

A Asociación Músicas ao Vivo, que organiza anualmente os Premios Martín Códax da Música, acordou outorgarlle o seu galardón honorífico á cantante María Manuela. Con este premio recoñece "a longa e comprometida traxectoria" da que considera "cantora referente da canción protesta e gran activista social, e unha loitadora incansable pola valorización da cultura galega". O colectivo salienta que esta é "unha homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa".

Nada na Coruña en 1945, lanzou o seu primeiro álbum Cantigas ao meu xeito en 1975. Entre a segunda metade desta década e os comezos dos 80 publicou varios álbums de grande éxito a formar dúo coa súa parella Miguel, chegando a realizar xiras internacionais. O seu último traballo de estudio foi Para Miguel, de 1999, colaborando desde entón en diferentes proxectos musicais e audiovisuais.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Manuela, Premios Martín Códax da Música, Asociación Músicas ao Vivo, A Coruña