A Asociación Músicas ao Vivo (MAV) ven de revelar que o Premio Honorífico Músicas ao Vivo desta edición premiará en Barruso a traxectoria musical e docente "dun compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galicia; un profesional impecable, cun talento colosal que influenciou e segue influenciando a moitas xeracións de músicos". O saxofonista Carlos Barruso está actualmente enfermo dun cancro en estado terminal, razón pola que recentemente levou a cabo, xunto con outros músicos amigos unha gala Concerto fin de vida, feito este polo que MAV recoñece tamén nel un referente e exemplo vital e profesional pola actitude demostrada ante a súa situación. O Músico recibirá a ovación do sector musical e recollerá o seu premio na gala dos VI Premios Martín Códax da Música o próximo 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Con este recoñecemento MAV quere renderlle unha homenaxe especial "a un compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galicia. Un profesional impecable, cun talento colosal que influenciou e segue influenciando a moitas xeracións de músicos". No seu laudatorio, a directiva de MAV considera que "Carlos Barruso é incuestionablemente un Músico con maiúscula! Apaixonado e dedicado en corpo e alma ao seu labor como instrumentista, arranxista, compositor, profesor e director, aportou a Galicia dos anos 80 e 90 unha sonoridade diferente e vangardista. Saxofonista e multiinstrumentista incansable, formou parte de infinidade de proxectos musicais do país, resaltando a súa potente carreira no mundo das orquestras así como no jazz, onde aportou unha visión actual, sendo tamén un dos primeiros mestres da mítica e indispensable escola de jazz e música moderna Estudio, Escola de Música". Co octeto Baio Ensemble gravou en Radio Nacional de España o disco Paisajes e actuou en Televisión Española nos programas Jazz entre amigos e La Buena Música, e en moitos programas radiofónicos e diversos festivais de Jazz en España e Portugal. Tocou en múltiples formacións musicais como a S.E.M. Big Band de Santiago coa que gravou un disco en directo, ou o grupo Canajazz de A Estrada, pero o seu proxecto máis persoal foi o Carlos Barruso Cuarteto.