A Asociación de Músicos Ao Vivo, organizadora dos Premios MartÃn Códax da Música decidiu outorgar a Quique Alvarado e Jose Gonzalez Bordallo (Pepe Bordallo) os seus Premios HonorÃficos Músicos Ao Vivo. A asociación deu hoxe a coñecer os nomes dos elixidos, que recollerán os seus galardóns na gala de entrega dos V Premios MartÃn Códax da Música que se celebrará o vindeiro 9 de maio en Pontevedra. Quique Alvarado e Jose Gonzalez Bordallo (Pepe Bordallo) son segundo a organización, dous músicos de "banda", músicos estruturais que comparten a condición de baixista, acostumados a un segundo plano lonxe dos focos de interese principal dos medios. Estes dous veteranos da profesión abordaron ao longo da súa carreira musical multitude de estilos. Cunha traxectoria extensa, acompañando a grandes artistas e formacións do panorama galego, español e internacional. Alvarado e Bordallo deixaron a súa pegada en varias xeracións de artistas grazas ao seu labor docente e tamén polo seu compromiso e loita na procura da dignificación da profesión e das súas condicións laborais. A Gala dos V Premios MartÃn Códax da Música estará conducida por Carlos Blanco e Luis Davila e actuará como agrupación musical de base a banda The Cool Experience formada por Mr. Cool, Ton Risco, Paulo Silva e Adrián Saavedra.