Un total de 54 proxectos aspiran aos Premios Martín Códax da Música

A Asociación de Músicos ao Vivo seleccionará 15 gañadores

Unha gala en Cambados acolleu onte a presentación dos finalistas á segunda edición dos Premios Martín Códax da Música. En total son 54 propostas as que optan ás 15 categorías musicais e mais aos 3 premios Organistrum, que recoñecen o traballo de salas, festivais e espazos de comunicación. Os membros da Asociación de Músicos ao Vivo, que organiza o certame, botarán agora os gañadores do premio, que se entregará o 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A participación, mesmo sen chegar ás 521 propostas recibidas o pasado ano, foi valorada como moi positiva pola organización. En total inscribíronse no certame 307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación. Entre os candidatos á final deste ano atópanse varias propostas que resultaron premiadas o pasado ano, como Transivalnians, Machina ou Narf (desta volta como trío). A listaxe inclúe tamén proxectos que ficaron no final da primeira edición, como Xoel López (agora na nova categoría de Canción de Autor), Caxade, Pablo Díaz, Cró ou Wöyza. Aos premios en competicións súmase o xa anunciado galardón honorífico para a banda N.H.U., pioneira do rock progresivo en Galicia.

Proxectos nomeados aos II Premios Martín Códax da Música

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales

Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius

Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros

Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío

Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso

Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz

Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade

Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela

Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS

Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel

Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños

Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9

Metal: Aphonnic / Nao / Machina

Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians

Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon

Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol

Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando