Luz Casal recibe o premio SESAC Latina Icon pola súa carreira

Trátase dunha entidade de xestión de dereitos de músicos latinos en EEUU

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A sociedade de dereitos de compositores latinos, SESAC, concedeu esta noite os seus premios anuais. Este ano os premios incluían dúas novidades: dunha banda, a creación dunha categoría YouTube Performance Award para premiar a importancia de YouTube como unha ferramenta de promoción e o premio Icono (SESAC Latina Icon Award) para destacar no impacto mundial da cultural musical. Este último foi o que recibiu a cantante galega Luz Casal a quen lle recoñecen ter gravado en español en francés, compartir escenario con Sting, U2, coa banda de Paul McCartney ou facer parte da banda sonora Tacóns lonxanos de Pedro Almodóvar, entre outros méritos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Casal, EEUU, Paul McCartney, Pedro Almodóvar

Claves

Lugares