O fotógrafo Alberto Treviño faise con tres premios Graphis de Ouro

Ademais obtivo un Merit Award neste prestixioso certamede Nova York

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fotografía de Alberto Treviño para Caramelo

Fotografía de Alberto Treviño para Caramelo

Os prestixiosos premios Graphis de fotografía, que se outorgan en Nova York, contan este ano con presenza galega. Alberto Treviño é o gañador de catro destes galardóns na edición 2015, tres Graphis e ouro e un Merit Award. En concreto, as fotografías deste autor para a axencia BAP&Conde nunha campaña de Caramelo valéronlle un ouro na categoría de moda e outro na de retrato. Outro ouro foi para a imaxe da campaña de Torre de Núñez, mentres o Merit Award correspondeu á campaña de Nadal de 2013 para Loewe. Treviño é o único autor español entre os galardoados deste ano.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Nova York, Fotografía, Torre...

Claves

Entidades
Lugares