O coro Cántigas da Terra e a filóloga Carmen Mejía levan os Pedróns deste ano

A Fundación Pedrón de Ouro entregará os seus galardóns o 22 de maio en Padrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Fundación Pedrón de Ouro daba a coñecer esta fin de semana os galardoados cos seus premios anuais. O coro Cántigas da Terra foi recoñecido, cando cumpre cen anos de existencia co Pedrón de Ouro, mentres a filóloga e presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Carmen Mejía, levou o de honra. O Padrón de Ouro entrégase "á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital", mentres o de Honra vai para "residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura". A entrega destes galardóns realizarase nun acto o vindeiro 22 de maio na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Padrón, Fundación Pedrón de Ouro, Rosalía de Castro...