O Grupo de Teatro Airiños fíxose do Pedrón de Ouro

Dorothé Schubarth levou o premio Pedrón de Honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación do Pedrón de Ouro fixo públicos esta fin de semana os premiados cos galardóns que outorga anualmente en recoñecemento do traballo a prol da lingua e da cultura do país. Neste 2013, o padroado da fundación galardoou co Pedrón de Ouro o Grupo de Teatro Airiños, de Rianxo. Airiños, que acaba de cumprir 80 anos de existencia, rexeitou o pasado ano Premio da Cultura Galega que lle outorgara a Xunta de Galicia. Ademais, o Pedrón de Honra foi para Dorothé Schubarth, coautora do O cancioneiro popular galego. A entrega dos premios farase o vindeiro 19 de maio na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Pedrón de Ouro, Teatro, Dorothé Schubarth...