O Padroado da Fundación Pedrón de Ouro acordou en Arzúa os premiados na edición 2012 destes históricos premios culturais. Deste xeito, acordou outorgar o Pedrón de Ouro 2012 ao colectivo pedagóxico Nova Escola Galega. "Recoñecemos en Nova Escola Galega", sinala o xurado, "a vontade continuada no tempo a prol da realización no dÃa a dÃa dunha educación ao servizo da nenez e da mocidade da nosa nación". O Pedrón de Honra outórgaselle nesta edición ao artista ourensán Henrique Ortiz Alonso. Ortiz destacou, segundo o xurado, na "obra gráfica. "O artista consolidouse como un dos referentes fundamentais da arte contemporánea no noso paÃs. As técnicas da litografÃa e a serigrafÃa non teñen ningún segredo para el". A entrega do Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o vindeiro 20 de maio na Casa Museo de RosalÃa de Castro.