O pasado luns coñecÃanse os galardoados cos premios Pedrón de Ouro 2001, un galardón que recoñece o labor desenvolvido a prol da cultura galega. Os premiados nesta vixésimo séptima edición foron o autor e director teatral Manuel Lourenzo e o poeta Arcadio López Casanova. O acto de entrega celebrarase o vindeiro dÃa vinte de maio na Casa Museo de RosalÃa de Castro en Padrón.
Labor teatral
Na presentación dos premios, que se celebrou na GalerÃa Sargadelos de Compostela, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, e David Otero, escritor,
sinalaron a militancia de Manuel Lourenzo a prol do "teatro nacional galego" e a súa lealdade ó paÃs. Lourenzo, ademais de ter sido un dos fundadores do movemento teatral galego contemporáneo coa creación da Escola Dramática Galega e do grupo O Facho, ven desenvolvendo desde os anos sesenta un intenso labor de promoción, editando diferentes revistas sobre teatro e dirixindo, interpretando e escribindo innumerables obras.
Promoción cultural no exterior
Pola súa banda, o poeta Arcadio López Casanova foi premiado polo seu labor de promoción da cultura galega no PaÃs Valenciano. Segundo os organizadores do premio, López Casanova "é unha das voces lÃricas máis nidias e representativas da xeración das Festas Minervais" e leva promocionando a lingua e a cultura galega en Valencia desde 1974, que leva impartindo clases na universidade valenciana.
O premio
O Pedrón de Ouro outórgase desde hai vintesete anos a aquelas persoas que máis destacaron na defensa da cultura galega. O premio divÃdese en dous apartados, o Pedrón de Ouro, que recoñece o traballo feito deste o interior de Galicia e o de Honra, que se entrega ás persoas que traballan pola cultura no exterior. O acto de entrega desta edición celebrarase o vindeiro dÃa vinte de maio na Casa Museo de RosalÃa de Castro, en Padrón, e entregará o galardón Antón Reixa.