A Fundación Rosalía de Castro leva o Pedrón de Ouro de 2017

O profesor Martín Veiga foi recoñecido co premio de honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Pedrón de Ouro fixo públicos onte os agraciados cos seus galardóns anuais. Deste xeito, a entidade acordou outorgarlle o premio Pedrón de Ouro, que recoñece "a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital" á Fundación Rosalía de Castro. Pola súa banda, o Pedrón de Honra, dedicado a recoñecer a "a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura" foi nesta ocasión para Martín Veiga, poeta director do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork. Os galardóns desta 53 edición entregaranse o vindeiro 21 de maio na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, a partir das 12.30 horas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Universidade de Cork...