Camilo Nogueira faise co Pedrón de Ouro 2010

O de Honra foi para Fermín Bouza

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Pedrón de Ouro deu a coñecer esta mañá os nomes dos galardoados cos seus galardóns anuais. Desta volta, o político e intelectual Camilo Nogueira foi o galardoado co Pedrón de Ouro pola súa implicación coas diferentes problemáticas do país. Pola súa banda, o sociólogo Fermín Bouza foi recoñecido co Pedrón de Honra "pola súa traxectoria e pola defensa irredutíbel da lingua galega desde todas as tribunas públicas nas que participa". A entrega dos premios farase o vindeiro 23 de maio ás doce e media da mañá na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Camilo Nogueira, Lingua galega, Fundación Pedrón de Ouro...