A curta 'Curmán' acada catro galardóns en Cans

A obras de debut copan case todo o palmarés desta XXIIª edición do festival porriñés

  • O Festival de Cans pechou a súa XXIIª edición repartindo o seu palmarés nas diversas seccións de competición oficial e tras realizar as súas homenaxes a realizadores como Alfonso Zarauza e Daniel Sánchez Arévalo. A curta 'Curmán' foi elixid...

Abril Camino gaña o Premio Xerais de novela con Mulleres que viven xuntas

Érica Esmorís fíxose co Premio Merlín e Andrea Maceiras co Jules Verne

  • A editorial Xerais daba a coñecer este sábado 24 de maio o fallo dos seus premios de narrativa, dotados con cadanseus 10.000 euros. Abril Camino foi a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela coa obra Mulleres que viven xuntas , que se impuxo entr...

O premio de Cannes lanza a proxección internacional de 'Sirât'

O filme de Oliver Laxe xa se promove como posible candidata aos Oscar

  • O triunfo da nova película de Óliver Laxe, 'Sirât', acadando o Premio do Xurado 'ex-aequo' (xunto co filme xermano ' In die sonne schauen' de Mascha Schilinsk) no Festival Internacional de Cannes, impulsa con entusiasmo esta produción cara a súa...

O ferrolán Nüca publica o seu primeiro LP 'Slow Missiles'

Presenta seis temas que dan conta da boa saúde da nosa electrónica de vangarda

  • Ferror Records publica hoxe un novo traballo de longa duración que reforza a identificación deste selo coas vangardas electrónicas galegas actuais, trátase de 'Slow missiles' de Nüca, nome artístico do ferrolán Pablo Saénz Carballeira. O mús...

Chega aos cines 'Antes de nós'

O filme sobre Castelao tivo onte a súa preestrea na Coruña e esta semana estará en once localidades galegas

  • Despois de ter a súa preestrea onte na Coruña, 'Antes de nós', o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, produción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta (Gijón, 1974) chegará este venres 23 ás salas de cine. Nesta pr...

As partes aínda non escavadas de Aquis Querquernnis saen á luz

Un estudo revela a "excepcionalidade" do forte para a detección de estruturas subterráneas

  • Un equipo de arqueólogos portugueses e españois encabezados por Tiago do Pereiro publicaron no novo número da revista científica Remote sensing as conclusións dunha prospección feita con xeorradar e magnetómetro no forte romano de Aquis Querqu...

A dispoñibilidade de propostas na nosa lingua para o público novo é insuficiente

O Observatorio da Cultura Galega presenta o informe Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade

  • O Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura presentaba na mañá deste 22 de maio o informe Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade . Esta análise verifica que existe demanda para este tipo ...

Ata a última técnica posible

Os arqueólogos exploran novos métodos para coñecer o momento no que foi construído Castro Valente

  • Se un día aparecera nun garaxe a máquina do tempo que imaxinara H. G. Wells a finais do século XIX, de certo que o arquéologo Mario Pereiro sería o primeiro en meterse dentro a probala e marcaría de cabeza o enderezo de Castro Valente (Padrón)...

Mariña Lestón levará polo litoral a montaxe 'Costa da Morte, Cartografía dun Naufraxio'

O espectáculo coproducido entre Urdime e CDG ten programadas 17 representacións entre xuño e xullo

  • ... na súa aposta para achegar o teatro a todo o territorio, seguindo a liña dos obxectivos fixados na Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia e como se fixo na campaña desenvolvida o pasado verán xunto a Teatro ó Cubo e o espectáculo 'De Vilatr...

Vinte catro creadores pasarán polas III Residencias Literarias de San Simón

A Xunta presentou aos seleccionados para este programa que está activo ata outubro

  • Serán algo máis dunha vintena os creadores que este ano van participar na terceira edición da Residencia Literaria da Illa de San Simón. Nesta iniciativa a Xunta proporciona aos bolseiros unha estadía que ofrece unhas condicións óptimas para p...

O retorno do máxico explora a maxia das fragas desde a arte contemporánea

A exposición pode verse no compostelán Pazo de Fonseca ata o vindeiro 28 de xuño

  • O Pazo de Fonseca, en Santiago, acolle ata o vindeiro 28 de xuño a exposición O retorno do máxico . Paula Cabaleiro comisaría este proxecto da Universidade de Santiago que conta con obras das madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e mais d...

O festival (S8) ofrecerá unha programación reforzada

A Mostra de Cinema Periférico presentará ata 112 pezas da vangarda audiovisual

  • A 16ª edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará do 3 ao 8 de xuño en diferentes espazos da Coruña, presentará ata 112 obras en proxección e contará coa participación de 60 cineastas procedentes de 15 países. A cita conv...

O XXII Festival de Cans aproximase con actos previos

O día 20 dará comezo a programación oficial con numerosas estreas e oferta musical

  • Antes da súa inauguración oficial o vindeiro 20 de maio, a XXIIª edición do Festival de Cans (O Porriño) quenta motores esta fin de semana cunha programación previa que mestura cinema internacional, música galega de raíz e memoria histórica....

Quiosco: Minius número 29

A revista presenta os resultados das intervencións arqueolóxicas en Ons e Castrelo de Miño

  • O número 29 da revista Minius da Universidade de Vigo ofrece unha escolma de contidos vinculados ás investigacións humanísticas e sociais desa universidade. Entre os contidos, a relación entre o patrimonio arqueolóxico e a tradición oral galeg...

Premio Honorífico Martín Códax para Leilía

Músicas ao Vivo recoñece a súa labor de difusión do canto e a música tradicional durante tres décadas

  • No ano no que o Día das Letras homenaxea á poesía oral popular e ás cantareiras, Músicas ao Vivo ven de anunciar a concesión do Premio Honorífico Martín Códax da Música 2025 a Leilía. Nome referente na música galega que transita do sécul...

Cantareiras: Celebrar o patrimonio pendente

O Día das Letras pon o foco nun legado colectivo pendente de investigar e con debates abertos

  • A dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras supón unha mudanza importante no marco no que se desenvolve esta celebración. Para alén das posibilidades que abre esta aposta pola literatura popular e a inclusión da música de cara ao fu...

Branca Trigo gaña o 28º certame poético de Carral

O xurado escolle a súa obra 'Especies invasoras' entre o cento de textos presentados

  • A escritora Branca Trigo Cabaleiro (Vigo, 1997) resultou a gañadora da 28ª edición do concurso poético Concello de Carral grazas á súa obra 'Especies invasoras'. O xurado escolleu este texto de entre o cento de traballos presentados nesta edici...

As bibliotecas galegas acollen sesenta propostas vinculadas ao Día das Letras

Consisten en exposicións, espectáculos e obradoiros

  • As bibliotecas da Xunta de Galicia acolleran sesenta actividades vinculadas ao Día das Letras Galegas. Trátase de exposicións audiovisuais e bibliográficas, espectáculos de música ou de narración oral, obradoiros vinculados á música e ás ac...

A Cooperativa AIRA súmase á celebración do Día das Letras

Reúne nomes da literatura e das artes do país na campaña AIRA, voces que unen

  • A Cooperativa agroalimentaria AIRA súmase ás celebracións polo Día das Letras Galegas coa campaña AIRA, voces que unen . Esta consiste nunha serie de vídeos con figuras destacadas da cultura do país cos que quere "contribuír a visibilizar a i...

A Xunta dará un selo a empresas que usen o galego

Terá valor de cara a empates nos procedementos autonómicos

  • Nunha comparecencia parlamentaria a petición propia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos anunciou onte a posta en marcha dun selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Segundo o res...