(S8) dá comezo hoxe cunha programación reforzada

A Mostra de Cinema Periférico presentará ata 112 pezas da vangarda audiovisual

A Mostra de Cinema Periférico presentará ata 112 pezas da vangarda audiovisual
Acto de presetnación do (S8)
A 16ª edición da (S8) Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará do 3 ao 8 de xuño en diferentes espazos da Coruña, presentará ata 112 obras en proxección e contará coa participación de 60 cineastas procedentes de 15 países. A cita converterá a cidade no centro mundial do cinema experimental e de vangarda e nesta edición farase unha homenaxe ao formato Súper 8, que neste 2025 cumpre 60 anos de historia. Unha das novidades desta vindeira edición da (S8) é a ampliación de 'Sinais', sección onde se reúne o mellor da creación cinematográfica contemporánea da península ibérica, con 21 películas galegas e españolas repartidas en tres programas. Ademais, o festival programa 'Sinais Latinoamérica', con 7 filmes de países como México, Chile e Bolivia, e 'Sinais Desbordamentos', cinema ao vivo coa performance do colectivo vasco Tekno Fantasy. A Filmoteca de Galicia, xunto co Palexco, a Fundación Luis Seoane e a Domus, volven ser os espazos colaboradores coa mostra.

A apertura será unha sesión especial dedicada aos volcáns, que inspiran a imaxe do festival. 'Os Desbordamientos', con experiencias performativas e de cinema en vivo, repiten como un dos atractivos da programación. Estrearase a peza creada en Toronto nas residencias artísticas BAICC que abre unha nova convocatoria ata o 22 de xullo. As obras deste programa protagonizarán este outono unha xira internacional por Canadá.


O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) que apoia este evento, Jacobo Sutil, puxo en valor na presentación do programa as actividades formativas e profesionais desenvolvidas pola Mostra, así como a presenza da nova vangarda galega no marco da programación, con 20 pezas de autoría galega na carteleira e representada sobre todo na sección 'Sinais' cos títulos 'Montaña Abaixo' de Carlos M. Peñalver, 'Áncora' de Cristina Souto Pita, 'Sólposto' de Iago Lourido, 'PBF #1', 'Madrid e Bologna', '24 de junio' de Borja Rodríguez, 'Furada Negra' de Berio Molina e 'Colosal #8' de Olmo Cuña.

Homenaxe aos 60 anos do Super 8
Para celebrar o 60º aniversario do lanzamento do formato Super 8, a (S8) trae dúas figuras fundamentais en Latinoamérica. É o caso do venezolano Carlos Castillo, pioneiro neste formato e á fronte a finais dos 70 do Festival del Cine en Super 8 de Caracas, unha das mecas mundiais deste cinema. Tamén protagonizou un fito histórico ao levar por primeira vez un filme neste formato ao Festival de Cannes en 1981. O encontro coruñés programa a primeira retrospectiva da súa filmografía en Europa, con todas as obras proxectadas no seu formato orixinal, así como tamén unha clase maxistral impartida polo propio autor. Por outra banda, a arxentina Daniela Cugliandolo, considerada a ponte entre a xeración do comezo e a actual, presentará diferentes películas incluíndo obras dos seus inicios en 1999 como Nosferatu 2000 e Gina, onde xoga cos códigos do cinema mudo.

No eido internacional, destaca a chegada á Coruña da estadounidense Betzy Bromberg, quen repasará a súa obra proxectada en 16 mm, incluíndo o pase por vez primeira en España de dúas das súas longametraxes: a Darkness Swallowed (2005) e Glide of Transparency (2016). Na liña de estreitar pontes con Latinoamérica, o festival tamén convida á chilena Jeanette Muñoz, recoñecida como a muller referente do cinema de vangarda mundial contemporáneo e que estreará na mostra as películas Fuente Alemana (2024) e El Cortijo (2025), dedicadas a enclaves singulares de Chile e que reflexiona sobre a relación que se establece con eses lugares desde a mirada dunha persoa migra