Se un dÃa aparecera nun garaxe a máquina do tempo que imaxinara H. G. Wells a finais do século XIX, de certo que o arquéologo Mario Pereiro serÃa o primeiro en meterse dentro a probala e marcarÃa de cabeza o enderezo de Castro Valente (Padrón) para tentar responder ás preguntas de investigación que o perseguen desde hai varios anos e para as que aÃnda non ten resposta. Tras varias campañas de traballo nese aillado monte da parroquia de Herbón, nas que se constatou cientificamente a existencia dunha das murallas máis longas de Galicia, Castro Valente continúa a amosarse esquivo á hora de explicar a súa orixe. Malia conservarse importantes restos da fortificación, o sitio non está a ofrecer datos que permitan situalo cronoloxicamente. E no caso de Castro Valente un século ou dous marcan diferencia. Os investigadores poñen a proba todo tipo de técnicas para conseguir aproximarse á época no que este poderoso recinto militar foi construÃdo.
"Estamos tentando saÃr dese bucle cronolóxico", explica Mario Pereiro, director da intervención arqueolóxica no Castro Valente. No modelo proposto polos arqueólogos, a fortaleza está situada cronoloxicamente nun arco moi amplo que vai desde finais do Imperio Romano, nos séculos IV ou V, ata a Alta Idade Media, no século X ou mesmo XI. Cinco séculos, nesas épocas, son moitos, debido aos numerosos cambios polÃticos e sociais da PenÃnsula. Se pertence á Antigüidade tardÃa, esta insólita construción pode estar relacionada coa inestabilidade do último perÃodo do Imperio Romano e o impacto do novo poder suevo. Porén, se é da Alta Idade Media, pode falar do artellamento dos primeiros núcleos de poder do reino de Galicia. Cambia o conto. Pero Castro Valente continúa a amosarse esquivo.
Na nova campaña, o proxecto levado a cabo por Castelos no Aire con financiamento do concello de Padrón e a USC e co traballo da empresa Tempos Arqueólogos, os investigadores abordaron o proxecto con máis técnicas. A aplicación dun gradiómetro permitiu recoñecer alteracións no subsolo do interior do sitio arqueolóxico, que logo se confirmaron como máis recentes e non pertencentes a época histórica. Os arqueólogos tamén interviron en dúas estruturas do interior do recinto. Escavaron unha pequena enteira e parte doutra máis grande. "Teñen o mesmo tipo de feitura que a muralla. Grandes pedras na base logo complementadas con cachoterÃa", sinala Pereiro. As estruturas conteñen con anacos de tégula, coma os que se poden atopar na muralla, pero non hai indicios dunha ocupación do seu interior. "Estamos dubidando de se estiveron mesmo teitadas ou son outra cousa", explica Mario.
A intervención arqueolóxica tamén estudou a cara interior da muralla do castro, revelando unha altura do careado de metro e medio que se complementa ata unha altura de dous metros. Precisamente a muralla é a materialidade máis tanxible do sitio arqueolóxico.
En campañas anteriores, os arqueólogos observaron que a muralla contaba cando menos con dúas fases distintas, indicando que foi usada máis alá dun momento puntual. Pero por algún motivo descoñecido, eses usos non deixaron máis trazas polo momento.
"Creo que aÃnda non dimos co punto", explica Mario Pereiro, en referencia a que nalgún lugar do extenso recinto -inzado de árbores e vexetación- poidan aparecer materiais datables. Entrementes, a investigación non se detén, probando novas vÃas que tentan extraer o máximo de información posible dun xacemento que desafÃa as metodoloxÃas arqueolóxicas máis frecuentes. Desta volta, os investigadores tamén recolleron sementes e carbóns de contextos que poderÃan corresponder aos niveis fundacionais do xacemento. "Agora téñense que estudar para ver se é factible que os poidamos datar", explica Mario Pereiro. De ser asÃ, as mostras serÃan remitidas a laboratorio para tentar comprender en que momento algún poder ergueu e mantivo nun monte aillado de Padrón unha considerable fortaleza baleira.
Con todo, o esforzo ata agora está a ser moi produtivo. A través das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo por Pereiro no castelo de Portomeiro, no recinto de san Cibrán, no castelo do Galiñeiro ou no Faro de Budiño, vanse acumulando pouco a pouco evidencias que permiten establecer modelos e producir coñecemento. As murallas de Castro Valente seguen a rebelarse contra seren encaixadas na Historia.