Reabren como equipamento público os Multicines de Nigrán

Este xoves proxectarase de novo a película coa que pecharon fai once anos

  • Sen cambiar os carteis do flime ‘La isla mínima’ que levan decorando a súa entrada durante os once anos que pasaron pechados, os Multicines do Centro Comercila de A Ramallosa en Nigrán volverán abrir as súas portas este xoves, reconvertidos ...

A Fundación Carlos Velo outorgoulle a Méndez Ferrín o seu premio anual

O escritor ourensán foi recoñecido como Veliano de Honra este 25 de outubro

  • A sede da Fundación Carlos Velo, en Cartelle, acollía este 25 de outubro o acto polo que a entidade recoñecía a Xosé Luís Méndez Ferrín como Veliano de Honra. O escritor ourensán foi escolleito para o galardón anual da entidade en recoñece...

O Hematofesti volverá encher Vigo de humor coa súa proposta

Ao longo de cinco intensos días acollerá a figuras destacadas do humor, a literatura, o cine, a música, a cultura e a creatividade

  • Tras o éxito da I edición en 2024, que lle valeu a entrada directa no informe anual do Observatorio da Cultura como unha das iniciativas culturais máis relevantes do ano en España, Hematofesti regresa do 4 ao 8 de novembro para celebrar en Vigo a...

Grandes figuras internacionais xuntanse coa escena galega no veterano Festival de Jazz de Lugo

As seis bandas galegas en cartel exemplifican a forza e diversidade do jazz feito en Galicia

  • O Festival de Jazz de Lugo celebra a súa 35ª edición do 1 ao 15 de novembro cun cartel que reafirma a súa vocación internacional e o seu compromiso coa creación galega. Ao longo de 15 días, a cidade acollerá 24 actuacións en espazos como o C...

Anxos Fazáns estrea 'As liñas descontinuas' en Estonia

O segundo filme da realizadora pontevedresa estará despois no Festival Internacional de Cine de Xixón

  • O vindeiro 14 de novembro, na capital de Estonia, no marco do 29 Tallinn Black Nights Festival (PÖFF) terá lugar a estrea mundial do filme 'As liñas descontinuas' (VOG) da realizadora Anxo Fazáns (Pontevedra, 1992). Esta segunda longametraxe da d...

O Consello da Cultura distingue coas súas Medallas a Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros

O plenario do CCG recoñece á súa contribución nas actividades da institución e na promoción da lingua e cultura galegas

  • O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán deste xoves na que acordou recoñecer o traballo de Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros na promoción da lingua e cultura galega coa súa máxima distinción en recoñec...

'Decorado' estréase hoxe en 27 salas comerciais

En Galicia pode verse a nova longametraxe de Alberto Vázquez en Vigo e Narón

  • 'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez, que conta con catro premios Goya na súa traxectoria, chega hoxe ás salas de cine comerciais de toda España. En total serán 27 as pantallas que acollerán a estrea ...

A nova edición de Kosmópolis 25 conta con destacada presenza galega

Berta Dávila, Yolanda Castaño, Mercedes Peón e Ismael Ramos entre os convidados

  • Esta fin de semana o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB) acolle o festival internacional de literatura amplificada Kosmópolis 25. En colaboración co Consello da Cultura Galega, o festival inclúe destacada presenza galega baixo a p...

O Día das Bibliotecas enche de actividades estes centros

A Biblioteca de Galicia dedícalle unha exposición á historia do cinema no país ata o vindeiro 31 de maio

  • Unha ampla programación por todo o país conmemora o Día das Bibliotecas este 24 de outubro. Os centros que dependen da Xunta, a incluír as furgotecas móbiles que atenden zonas rurais de Lugo e de Ourense, acollen contacontos, concertos, obradoir...

Adrián Canoura, Xurxo González e Valeria Gómez gañan os Premios Maria Luz Morales

O xurado dos galardóns de ensaio sobre audiovisual da Academia deixa deserta unha categoría

  • Os Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual convocados pola Academia Galega do Audiovisual co apoio das catro deputacións provinciais ten xa gañadores. Un videoensaio e dous ensaios escritos acadaron o apoio do xurado ...

ButacaZero presenta Xoguetes Rotos no FITO

A compañía aposta pola coprodución con Barrosanta para estrear esta montaxe o 24 de outubro

  • O Festival Internacional de Teatro de Ourense acolle este 24 de outubro a estrea de Xoguetes Rotos . A compañía ButacaZero únese a Barrosanta, proxecto persoal de Anxo Outumuro, nesta montaxe que aborda o tema da transexualidade no contexto histó...

Chega ás salas a longametraxe 'San Simón'

Tras do paso por festivais pode verse esta fin de semana en cines o filme sobre o campo de concentración insular

  • A Sala NÚMAX acolle hoxe a estrea comercial do filme 'San Simón', opera prima de Miguel Ángel Delgado sobre o campo de concentración franquista da Ría de Vigo. Tras dunha preestrea onte nos Cines Tamberlick de Vigo e presentarse no Festival de S...

Coimbra acolle 10 días de cultura galega

A ‘Mostra Galiza Coimbra 2025’ ofrece espectáculos escénicos, musicais e outras actividades na cidade lusa

  • A ‘Mostra Galiza Coimbra 2025’, inaugurada onte na cidade lusa, reúne durante os vindeiros 10 días unha selección de espectáculos escénicos de produción galega e moitas outras actividades musicais, artísticas e formativas co obxectivo de c...

O Curtas Festival do Imaxinario celebra o Samaín coa súa 53ª edición

Máis de 100 filmes de 36 países, exposicións e proxeccións especiais conforman un excepcional programa de xénero fantástico

  • Colocada estratexicamente no Samaín, a 53ª edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa desenvolverá, do 24 de outubro ao 2 de novembro, unha ampla programación con máis de 100 filmes de 36 países en formato curtametraxe e...

Os Premios da Industria Musical xa teñen finalistas

O último traballo de MONDRA é o máis presente con catro candidaturas a galardón

  • A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia ca ten finalistas. Estes galardóns de nova creación promovidos desde a Asociación Galega de Empresas Musicais, AGEM recoñecerán ata un total de 17 categorías, moitas delas de cariz...

'Mareas Vivas' fai de Laxe Lugar de Interese Cinematográfico

A vila engadiuse ao listado peninsular de espazos de valor no audiovisual

  • Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ou...

Mariña Pérez impúxose no Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza en galego

Mercedes Peón levou o Recoñecemento á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía

  • A Asociación Évame Oroza daba a coñecer este 17 de outubro o fallo do segundo Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Mariña Pérez impúxose na categoría en galego do galardón, mentres que Ángela Álvarez foi a gañadora da convocatoria...

Falece a artista Maribel Longueira

A fotógrafa morría con 74 anos na súa cidade da Coruña

  • Aos 74 anos de idade morría este sábado na súa cidade natal a fotógrafa Maribel Longueira (A Coruña, 1951, 2025). Artista con numerosa obra publicada e exposta en mostras individuais e colectivas, licenciouse en Historia da Arte Contemporánea n...

Yun Ping Li faise co XIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Cinzia N Rojas obtivo o primeiro Premio da Organización que outorga o certame

  • O fotógrafo de orixe chinés Yun Ping Li foi declarado este 19 de outubro como vencedor da décima terceira xeira do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O certame que organiza a Asociación Outono Fotográfico recoñeceu o proxecto 回...

Premios Mulleres no Foco para Lucía Veiga, Beatriz Legerén e Silvia Fuentes

Os galardóns da Deputación de Pontevedra recoñecen o traballo feminino no audiovisual

  • As profesionais do audiovisual Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes son as gañadoras da quinta edición dos premios Mulleres no Foco, entregados este venres no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra. Un certame promovido pola Depu...