Foto: © Daniel Fernández
Aos 74 anos de idade morrÃa este sábado na súa cidade natal a fotógrafa Maribel Longueira (A Coruña, 1951, 2025). Artista con numerosa obra publicada e exposta en mostras individuais e colectivas, licenciouse en Historia da Arte Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse sobre patrimonio e fotografÃa na UNED e especializouse en xestión de Patrimonio e Bens Culturais na Universidade da Coruña. As súas fotografÃas expuxéronse en España, Cuba, Francia, Gran Bretaña, Brasil, Estados Unidos, Islandia, etc. Ten traballado en actividades de interese plástico como cinema, teatro, cerámica, pintura e, sobre todo, na fotografÃa como investigación teórica e na práctica, ademais de fotografÃa téxtil. Moi coñecida polo seu traballo de poesÃa visual, tivo moita presenza o pasado ano 2024 pola súa colaboración coa finada poeta LuÃsa Villalta, á que estaba dedicado o DÃa das Letras Galegas nunha publoicación sobre o barriod e O Papagaio da Coruña.