Coa obra de Luísa Villalta (Coruña, 1957 2004) como compás de navegación comezará esta semana Luísa Villalta e as chaves do tempo, un programa de actividades que percorrerá diversos espazos da cidade dA Coruña que aparecen reflexados na obra da poeta. O programa da actividade, organizada pola Asociación de escritores en Lingua Galega AELG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda coa colaboración de Monty, da Deputación da Coruña e o Concello, prolongarase desde este sábado ata o luns 27 de novembro e incluirá varios percorridos a pé ou en bicicleta polos barrios do Papagaio ou da cidade vella entre outros tirando para iso das poesías de Villalta enriquecidas coa paisaxe en vivo. Os Xardíns Méndez Núñez; a Estatua Pardo Bazán; o Obelisco.; a Porta de Ares; o Pazo municipal; o asilo da rúa Adelaida Muro e o Cemiterio de San Amaro será visitados baixo a luz dos textos da literata prematuramente desaparecida. O local de hostalería Monty, na Rúa papagaio, acolle tamén unha exposición fotográfica, unha sesión de escultura en vivo, un recital poético e tamén a actividade de lectura e conversa coa que remata o programa de recordo da escritora. Un concerto de corda servirá para lembrar tamén a súa faceta como violinista.