A AELG lembrará a Luísa Villalta cun evento no Teatro Rosalía no que haberá poesía, teatro e música

Homenaxe a Villalta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha obra dramática inédita de Luísa Villalta representarase como parte da homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega vai facer á poeta. Polo escenario do Teatro Rosalía da Coruña pasarán o día 3 de outubro os actores que representarán a obra baixo a dirección de Lino Braxe, alén dunha vintena de literatos que subirán a recitar poemas da poeta falecida ou outros creados para a ocasión. O acto inclúe tamén a actuación dun quinteto de corda en consonancia coa paixón da falecida escritora pola música.

Máis información en Asociación de Escritores en Lingua Galega

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Luísa Villalta, Escritores, Lingua galega...