As amizades de Luísa celebran a Villalta

O CCG publica unha videocreación coa participación de numerosos poetas próximos á poeta

O CCG publica unha videocreación coa participación de numerosos poetas próximos á poeta
Fotograma de Luísa Villalta: aprender a vivir
Moitos deles atesouraban recordos persoais de amizade e vida con Luísa Villalta que se plasman en textos nos que se entrelaza o biográfico e o colectivo, a amiga e a poeta cun universo de seu. No vídeo 'Luísa Villalta: aprender a vivir' unha ducia de poetas elaboran textos inspirados na obra de Luísa Villalta. Trátase de Xosé María Álvarez Cáccamo, Estívaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Chisco Fernández Naval, Míriam Ferradáns, Chus Pato, Henrique Rabuñal, Román Raña, Marga Romero, Cesáreo Sánchez, Xurxo Souto e Eva Veiga. O vídeo, realizado pola produtora Trece Amarillo para o Consello da Cultura Galega, pode verse na rede e nesta mesma noticia. Por outra banda, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza un recital poético-musical para homenaxear a Luísa Villalta no Teatro Rosalía de Castro o vindeiro 25 de setembro ás 19.30 horas, con entrada libre.