O Centro Ramón Piñeiro rememora a Luísa Villalta no seu quince cabodano

A xornada celébrase a tarde do 6 de marzo

6/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poeta e música Luísa Villalta morreu hai quince anos e o Centro Ramón Piñeiro celebrará esta tarde do mércores 6 de marzo unha homenaxe no salón de actos da entidade, no Hospitaliño de san Roque de Santiago. A xornada atende á natureza creativa de Villalta, docente de lingua e literatura galegas pero ao mesmo tempo intérprete de violín. A xornada contará con actuacións musicais, unha mesa redonda na que se abordará a dimensión de Luísa Villata como "creadora integral", coa participación de Estíbaliz Espinosa, que falará dela como poeta, Inma Otero Varela, como narradora e ensaísta, Inma López Silva, sobre a súa dramaturxia e Miriam Ferradáns, que analizará a súa pegada nas novas xeracións literarias. A xornada contará tamén con recitado e lectura de textos de Luísa Villalta.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Estíbaliz Espinosa...