Celebrar a literatura como "acto comunal"

O libro Luísa Villalta: Entender para vivir pódese descargar de balde no web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Celebrar a literatura como "acto comunal"

A publicación conmemorativa do Día das Letras Galegas editada este ano polo CCG é un "espazo de diálogo", segundo explicou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Un conxunto de creadores que son "referentes no sistema cultural galego" participan nun volume colectivo no que a partir de textos de Luísa Villalta desenvolven a súa propia obra. "Eles mantiveron en vida vínculos coa autora e a súa obra", explicou Dolores Vilavedra, coordinadora do volume, que explicou que no volume participaron Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Francisco X. Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Pilar Pallarés, Chus Pato, Henrique Rabuñal, Román Raña, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xurxo Souto, Marga Do Val, Eva Veiga e Miro Villar. A publicación tamén inclúe algunhas sorpresas como unha peza de creación artística realizada por Ana Pillado, que tamén constitúe a imaxe visual do cartel do Concerto das Letras Galegas tamén organizado polo CCCG. A maiores, o libro inclúe un caligrama elaborado pola propia Luísa e dedicado a Francisco Pillado. O libro pódese descargar de balde no web do CCG.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito