Escritores e artistas asistiron ao cemiterio de Santo Amaro a despedir á escritora Luísa Villalta

Sentida despedida

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Numerosos creadores dos campos literario e artístico, así como outros moitos amigos, asistiron onte ao cemiterio coruñés de Santo Amaro a dar a súa última despedida á escritora e poeta Luísa Villalta, prematuramente falecida. No acto de soterramento dos restos o poeta Manuel María dedicou unhas verbas súas a facer un perfil de Villalta e o tamén poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello leu un poema do último e inédito libro da escritora, “En concreto”, recente gañador do premio Espiral Maior. Nun ambiente de forte carga emotiva o violoncellista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Florjan Bashi interpretou unha peza de Bach. Alén destes actos a Consellaría de Cultura anunciou onte que o recital poético-musical previsto para esta tarde con motivo do Día da Muller Traballadora na Fundación Torrente Ballester de Santiago se converterá nunha homenaxe á escritora.

Máis información no Galicia Hoxe
e no noso Tema do Día

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Escritores, Manuel María, Miguel Anxo Fernán Vello...