Sechu Sende gaña o premio Blanco Amor e Luísa Villalta o Espiral Maior

Espiral con amor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“En concreto” é o título co que Luísa Villalta (A Coruña, 1957) acaba de facerse co premio “Espiral maior” de poesía que concede a editorial homónimae que non ten dotación económica. O xurado, composto por Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Rodríguez Baixeras valorou o seu carácter expresionista e o seu equilibrio estilístico entre o “conceptual e o visionario”. E esta fin de semana tamén se fallou o premio Blanco Amor de novela que anualmente convoca o concello de Vilagarcía. Os 12.000 euros do premio foron para Sechu Sende (Padrón, 1972) pola obra titulada “Orixe”.

Máis información sobre o premio de Espiral Maior en El Correo Gallego e sobre o Blanco Amor en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espiral Maior, Luísa Villalta, Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo...