O pasado mes de agosto soaban as alertas en Espiral Maior logo de que o seu director, Miguel Anxo Fernán-Vello anunciase a posibilidade de que pechase a editorial ante a crise da venda de libros. A editora tentou combater a situación publicando as poesías completas de Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Cáccamo e Vitor Vaqueiro. E agora, acaba de presentar seis novos títulos, dos que catro responden ao compromiso de editar as obras dos diferentes premios literarios nos que colabora. Son os de Eduardo Estevez (Derrotas, Premio do Concello de Carral), Miguel Mato Fondo (O whiskey na barrica. Premio Fiz Vergara Vilariño), Estívaliz Espinosa (Número. Premio Espiral Maior) e Gómez Alfaro (O Clamor da elipse. Premio Cidade de Ourense). O quinto título editado, A cousa vermella de Olga Novo é tamén de poesía, mentres que O españolismo lingüístico de Manuel Rodríguez Alonso é de ensaio.
Máis información sobre os novos títulos en El Correo Gallego e na ficha sobre a editorial en lg3