O Teatro Colón da Coruña acollerá o vindeiro 15 de maio unha gala poético-musical a homenaxear da figura de LuÃsa Villalta. O evento marca o comezo do programa de actividades que a área de Normalización LingüÃstica da Deputación da Coruña organiza arredor da celebración do DÃa das Letras Galegas e que se prolongará ata final de ano.
A gala do Teatro Colón terá como eixe o prólogo do poemario A música reservada, primeiro publicado por Villalta. Seis artistas inspiráronse nesta obra para compoñer pezas musicais e performativas "que dialogan intimamente co corpo e co mundo sonoro da escritora". Janet Novás, Mercedes Peón, Elena Vázquez Ledo, Hugo Gómez-Chao, Adriana Aranda e Eva Vieites participan da iniciativa acompañadas do cuarteto de arpas célticas Lulavai e da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.
Alén desta proposta, desde Normalización lingüÃstica anuncian o desenvolvemento ao longo do ano de vinte obradoiros sobre a autora en centros de primaria e secundaria da provincia da man de MarÃa Canosa, EstÃbaliz Espinosa, Eli RÃos, Maribel Loureira, Chisco Fernández Naval, MarÃa Cazar e Eva Veiga cun especial peso da perspectiva de xénero. A eles súmase un de escritura creativa conducido por Marga Doval.
Ademais, Polo Correo do Vento realizará dezasete contadas sobre a homenaxada e repartirá 300 exemplares da biografÃa para público infantil Tinta do mar. Tamén se repartirán outros 300 volumes da novela A chaves do tempo da autora nas actividades organizadas pola Deputación, bibliotecas e axencias de lectura de toda a provincia. Desde a entidade provincial anuncian a realización unha peza audiovisual sobre a vida e obra de Villalta, con intervencións de persoas que a coñeceron.
En paralelo, desde a área de Cultura desenvólvese unha programación arredor da data que inclúe a proxección do documental Suso. Fóra de lugar, que visitará Ribeira (Casa da Cultura, 4 de maio), Betanzos (Cine Alfonsetti, 11 de maio) e Cedeira (Casa da Cultura, 24 de maio). Tamén se prevé un concerto do trÃo Nacho-Faia-Lar o vindeiro 10 de maio no Pazo da Cultura de Carballo, e mais unha función de Alma de tigre, da compañÃa teatral Elefante Elegante o 25 de maio, no Auditorio de Vimianzo.
Este 3 de maio unha ruta polas rúas do barrio coruñés do Papagaio lembra a figura da homenaxeada. A actividade finalizará na Casa Museo Casares Quiroga coa representación da obra Bulevar Papagaio a cargo da compañÃa A Feroz.
A Deputación tamén lembra a vindeira convocatoria do VI Premio LuÃsa Villalta a proxectos pola igualdade.