A mostra gañadora do VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea inicia a súa itinerancia en Lugo

A fotógrafa Patricia Barbosa indagou nas imaxes do pasado colonial portugués

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Patricia Barbosa

Foto: Patricia Barbosa

A fotógrafa Patricia Barbosa gañou o VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea co seu proxecto Prova, no que indagaba sobre o pasado colonial portugués a través da investigación sobre fotografías producidas durante a Guerra Colonial. Barbosa baseouse na colección fotográfica da avoa paterna, estudando o valor da fotografía como proba e "potencial de proxección de ideas preconcibidas". A mostra inaugurouse onte no Pazo de San Marcos en Lugo, e estará aberta ata o 31 de xaneiro, onde comezará unha itinerancia por diferentes localidades de Galicia e Portugal. O premio leva aparellado tamén a edición dun libro editado por Difusora de Letras Artes e Ideas, para distribuír en librerías.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Lugo, Portugués, Guerra...

Claves

Lugares