O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea inicia en Lugo a súa itinerancia

Lois Cid amosa as súas Estruturas de fusión ata o 31 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe da exposición de Lois Cid en Lugo.

Imaxe da exposición de Lois Cid en Lugo.

O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolle desde este 20 de decembro a exposición do traballo gañador do IX Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Estruturas de fusión, de Lois Cid, amosa a reflexión deste autor sobre "os materiais cos que o ser humano transforma o terreo, e, ao mesmo tempo, estuda a implicación deste na creación e modificación da paisaxe contemporánea".

A exposición, que conta con Vítor Nieves como curador, pode verse ata o vindeiro 31 de xaneiro e foi acompañada por varias intervencións que Cid realizou en espazos públicos locais "co obxectivo de pór en dialogo as súas creacións cos espazos de construción e/ou derrubamento que hai actualmente na cidade".

O resultado destas intervencións pode verse nun vídeo na propia sala que acolle a exposición, e preséntanse como "micro-exposicións efémeras que alongan a Sala do Pazo de San Marcos, rachando a idea do Cubo Branco, e levando á cidade a súa obra, na procura non só de novos emprazamentos museísticos improvisados, senón tamén de novos públicos".

A exposición está organizada pola Asociación Outono Fotográfico co apio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Consellería de Cultura, e con posterioridade itinerará durante dous anos polas salas de exposicións de Afundación de todo o país.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Paisaxe, Exposicións, Consellería de Cultura...