Lugo abre a itinerancia da exposición do Premio de Fotografía Contemporánea

A serie Orixe de Glorianna Ximendaz pode verse na sede da Deputación ata o vindeiro 29 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Imaxe de Orixe de Ximendaz. Fonte: Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Imaxe de Orixe de Ximendaz. Fonte: Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Desde o pasado venres 2 de febreiro e ata o vindeiro día 29 a sala de exposicións do Pazo de San Marcos, sede de Deputación Provincial de Lugo, acolle a exposición Orixe. O traballo co que a costarricense Glorianna Ximendaz obtivo o XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea repasa a través da imaxe a problemática da violencia machista a través da propia historia persoal e familiar da artista.

Segundo explica a organización do certame, Ximendaz "por medio das fotos das súas antepasadas, desde a tataravoa até ela propia, aborda temáticas como o poder patriarcal, os privilexios inherentes á masculinidade normativa e de clase, a ocultación e transmisión de violencias no ámbito familiar e social, as penalizacións impostas ás mulleres que desafían a orden patriarcal, a esixencia de patróns de beleza opresivos, a violencia obstétrica, e a sexualidade forzada".

A mostra poderá verse na sede provincial ata o 29 de febreiro, con horario de 10:30 a 14 hora e de 16:30 a 20:30 horas de luns a sábado, e de 11 a 14 os domingos e festivos. Tras a estrea en Lugo, a mostra percorrerá outras cidades de Galiza e Portugal.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Revisión natural

Revisión natural

O Museo de Lugo redescubre corpo humano nunha exposición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Lugo, Exposicións, Deputación Provincial...