O CGAC repasa a traxectoria de La Ribot

Manual de uso pode verse no centro compostelán ata febreiro de 2021

21/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
28 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de Despliegue de La Ribot.

Desde o pasado venres 18 de setembro está en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea La Ribot. Manual de uso. O proxecto, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, presenta unha retrospectiva dos últimos 20 anos de traballo desta artista madrileña, que amosa unha "unión compacta da danza coas artes visuais". No marco da exposición, aberta ata o vindeiro mes de febreiro de 2021, poderá verse ao vivo, o vindeiro xoves 26 de novembro, a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías. Segundo explica a presentación do proxecto, "o traballo de La Ribot está estruturado mediante un sistema que lle permite investigar, expandir e cuestionar os límites espaciais e temporais da danza e deixar atrás as fronteiras entre público e artista, recoñecendo tamén a figura dos técnicos e dos figurantes".


Do mesmo ámbito

09/03/2011

Nada se passa no CGAC

O Centro de Arte Contemporánea amosa o traballo de Fernando J. Pereira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Iñaki Martínez Antelo, Artes Visuais, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...