Exponav recupera o traballo do pintor Lodeiro

O museo ferrolán amosa unha retrospectiva do artista vigués

16/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Óleo da serie Flores. Fonte: Web de Lodeiro.

Ás sete e media desta tarde abre as súas portas Lodeiro en Ferrol, a exposición coa que o museo Exponav recupera a figura deste artista vigués, falecido en 1996. A mostra, que se poderá ver ata o vindeiro 8 de maio, achega 38 obras da última serie na que traballou o artista, Flores, moitas das cales non se viran en público con aterioridade. A exposición é a primeira que se lle dedica a esta figura desde a que realizara o Centro Galego de Arte Contemporánea hai agora nove anos. O proxecto está comisariado pola viúva de Lodeiro, Victoria Rodríguez, a súa filla Ruth Lodeiro e o pintor Xavier Magalhaes.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)