Presentan un documental sobre o pintor Lodeiro

Estrearase este xoves en Afundación en Vigo

11/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteAudiovisualEstreas

Imaxe do documental

Marcando o 30 aniversario do falecemento do artista vigués Xosé Telmo Lodeiro (1930-1996) a súa viúva a súa filla impulsaron a produción dun documental que reivindique a súa figura artística e humana. O audiovisual "Lodeiro. O documentl" estrearase este xoves, 12 de febreiro, na sede de AFundación en Vigo con entrada libre. Realizado desde a produtora Adarme Audiovisual, esta peza de 45 minutos de duración achéganos ao periplo artístico e persoal deste importante pintor que formou parte do grupo Atlántica e antes diso do colectivo Estampa Popular Gallega.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións
Compartir:

 

 

 

A través de numerosas voces de artistas e persoeiros da cultura que estiveron en contacto con el, tanto recollidas como citadas, o documental vainos achegando aos seu valor e impacto como artista nos seus contextos. Tamén presenta o seu lado máis persoal e social así como as súas posicións ideolóxicas activas. A súa obra, que recibiu valoración entre artistas e coleccionistas, non gozou da proxección exterior que outros creadores coetáneos si tiveron. A súa faceta no gravado poderá verse o vindeiro 13 de marzo no Museo do Gravado de Ribeira, cunha exposición comisariada pola súa filla, Ruth Lodeiro e Carlos Bernárdez. 

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Afundación, Vigo, Medios de comunicación...

Claves

Entidades
Lugares