Cuac FM celebra os seus 25 anos de radio libre cun documental

Nada que ver estréase no Teatro Colón da Coruña o 10 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cuac FM, a emisora que naceu hai 25 anos dun grupo de universitarios coruñeses, celebra o seu aniversario cun documental que recolle a historia da emisora e o seu impacto na cidade da Coruña. O documental estrearase este xoves 10 de febreiro ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña, e está dirixido por Iago Prada. A emisora concibe esta peza audiovisual como unha "homenaxe" aos colaboradores da estación pero tamén á propia esencia das radios e televisións libres e comunitarias. Durante estes 25 anos Cuac FM acolleu 480 programas de radio distintos e máis de mil colaboradores ao longo deste tempo. A entrada para a estrea custa 2 euros, que irán destinados á Cociña Económica da Coruña.

Trailer do documental

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A loita polo espectro

A loita polo espectro

Emisoras como Cuac FM reivindican a radio comunitaria fronte ao concurso de frecuencias da Xunta

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cuac FM, Teatro, Teatro Colón da Coruña...