Os receptores de radio da cidade da Coruña e arredores xa non poderán sintonizar Cuac FM. A veterana emisora comunitaria ven de anunciar con carácter inmediato a suspensión das súas transmisións a través das ondas no 103.4 da FM para manter a súa actividade comunicativa unicamente en Internet iniciando deste xeito a súa 22ª tempada de programación initerrompida. Esta decisión foi tomada desde a asociación que mantén esta emisora, o Colectivo de Universitarios Activos, tras unha comunicación da SecretarÃa xeral de Medios da Xunta de Galicia pola que se lles informaba da incoación dun expediente sancionador por emitir “sen dispor da correspondente licencia” que expón á emisora a unha multa que vai dos 100.001 aos 200.000 euros. Ante esta situación economicamente inviable para esta asociación sen ánimo de lucro, a emisora deixou de emitir no espectro radioeléctrico público despois de 21 anos no aire. Cento vinte persoas emiten semanalmente na Radio Comunitaria da Coruña de xeito voluntario e sen ningún tipo de remuneración. Levando adiante unha programación en directo de máis de 40 horas semanais e preto de 40 programas.
Este é o último capÃtulo dun conflito que leva anos existindo entre a administración pública e as emisoras comunitarias polo uso das ondas radioeléctricas, sempre de titularidade pública baixo concesión. Estas emisoras, baseadas en asociacións sen ánimo de lucro e de carácter non comercial e libre veñen solicitando desde hai anos espazo nas frecuencias e licencias para poder emitir pero tanto desde o Estado como desde a Xunta recibiron sempre como resposta uns pregos para a concesión de licencias nas que os seus modelos de xestión non tiñan encaixe legal. CUAC, unhas emisoras máis antigas deste tipo, ven reivindicando e traballando, desde fai dúas décadas, a nivel galego, estatal e europeo, esta regularización a través da Red de Medios Comunitarios (REMC) e coa Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC). CUAC ten reclamado á Xunta a aplicación da Ley General de Comunicación Audiovisual 7/2010 que recoñece aos medios comunitarios como un dereito da cidadanÃa, e establece o dereito dos servizos de comunicación audiovisuais comunitarios de radio e televisión preexistentes, que emitÃan antes do 1 de xaneiro do 2009, a acceder a licenzas. A ausencia de publicación da regulamentación que desenvolva esta lei deixa nun baleiro legal a estas emisoras e conleva a incoación da SecretarÃa xeral de Medios.