Un ano e un mes despois de ter que cesar as súas emisións pola vÃa hertziana a emisora comunitaria coruñesa CUAC FM volve estar no aire desde o pasado sábado ocupando de novo o punto 103.4 Mhz do dial para a área local. A sentenza 00507/2018 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 25 de outubro recoñécelle á emisora comunitaria este dereito de emisión asà como anula as sancións económicas coas que a SecretarÃa Xeral de Medios da Xunta de Galicia pretendÃa apercibir ao Colectivo de Universitarios Activos (CUAC), polas súas emisións en FM. Os membros desta iniciativa celebraron a sentenza coa volta ao espectro da radiofrecuencia -mantiveron emisións a través de Internet durante este ano- e cunha xornada de portas abertas aos estudios o pasado sábado.
Cuac FM é un servizo de comunicación comunitario sen ánimo de lucro que leva 22 anos operando na cidade de A Coruña, un dos máis antigo de todo o Estado. O pasado ano a emisora tivo que deixar de emitir ante o risco de ter que asumir unha multa tras unha comunicación da SecretarÃa xeral de Medios da Xunta de Galicia pola que se lles informaba da incoación dun expediente sancionador por emitir "sen dispor da correspondente licencia" que exporÃa, segundo a Xunta, á emisora a unha multa que vai dos 100.001 aos 200.000 euros. Pero o colectivo CUAC FM iniciou un percorrido legal iniciando un procedemento Contencioso Administrativo especial para a protección dos dereitos fundamentais contra esa incoación por parte da Xunta ante o TSXG ao entender que se estaba a violar un dereito recollido na Constitución no artigo 20 que protexe o dereito a divulgar información. A fiscalÃa apoiou as teses de CuacFM e o TSXG deulle finalmente a razón e ademais no seu fallo contempla que a administración da SecretarÃa xeral de Medios da Xunta cometeu unha infracción dos dereitos fundamentais das persoas violando os artigos da Constitución que protexen estes dereitos. A resolución pode ser obxecto de Recurso de Casación por parte da Xunta pero o TSXG recoñece vixente a garantÃa temporal de emisión para CUAC FM mentres a administración competente "non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantÃa temporal". O TSXG argumenta que a lexislaciòn audiovisual prevé un perÃodo en que os operadores poderán seguir emitindo ata que se regule polo Estado, "prevendo a concesión das oportunas licenzas, sen que se producise aÃnda a regulación normativa en Galicia".