Vigo homenaxea o seu veciño, o pintor José Telmo Lodeiro, cando se cumpren 25 anos do seu falecemento. Dúas exposicións, unha na Fundación Laxeiro e outra na galerÃa Apo'strophe recuperan ao longo deste outono unha selección das súas obras. No caso da Fundación, Lodeiro. A XeometrÃa inexacta amosa desde o pasado 30 de setembro unha selección de tres lenzos e unha quincena de debuxos do autor. A relacionar estas pezas, proponse "un achegamento ao pensamento de Lodeiro formalmente máis radical e definitorio que, máis alá de cronoloxÃas e concepcións evolutivas, pon de manifesto a orixe da súa estética, baseada nunha concepción xeométrica da composición que está presente, mesmo na súa produción figurativa".
Desde a fundación lembran que "a utilización da cor é outro dos elementos que caracterizan toda a obra de Lodeiro e, nestes estudos xeométricos é posible ver como o pintor investigaba as infinitas combinacións, e conseguÃa múltiples harmonÃas cromáticas que, a maiorÃa das veces, partÃan das cores primarias, para rematar en gradacións e contrastes que sabÃa utilizar como elementos comunicativos cos que transmitir estados de ánimo". A exposición está aberta ata o vindeiro 16 de xaneiro.
Pola súa banda, a galerÃa Apo'strophe abrÃa o 28 de setembro Lodeiro: a figura trascendida. A mostra achega unha selección de obras nas que se poden ver "dous lenzos significativos do seu comezo, os cinco últimos óleos que pintou e dúas tintas do 1996". Segundo destaca a galerÃa, malia á distancia cronolóxica entre as obras "atopamos unha linguaxe de seu, que vai ser constante ao longo dos seus procesos pictóricos, no concernente ao retrato e que darÃa para unha grande exposición e análise rigorosa". A mostra pode verse ata o vindeiro 16 de xaneiro.
Na presentación da súa mostra, a Fundación Laxeiro reivindica a figura deste artista autodidacta que "produciu unha obra de acusada personalidade e indiscutible modernidade, xa dende os seus comezos, nos primeiros nos sesenta", e destaca a súa independencia, ao tempo que denuncia "un certo esquecemento institucional, mesmo por parte da academia e da crÃtica que, co paso dos anos se fai cada vez máis incomprensible", para rematar reclamando "a reivindicación da súa figura como un dos nomes fundamentais da arte galega das últimas décadas do século XX".