O CGAC ábrese ao comisariado colectivo na súa nova mostra

Colectiva dun colectivo pode verse no espazo compostelán ata o vindeiro 1 de setembro

8/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
21 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de presentación de Colectiva dun colectivo

Desde o pasado 5 de xullo e ata o vindeiro 1 de setembro, a sede do Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela acolle Colectiva dun colectivo. A nova exposición xorde do programa educativo e de creación Na varanda, que procura o encontro entre o museo e a veciñanza de Santiago. As persoas que participaron neste programa actuaron como comisarias do proxecto mediante a selección dunha serie de obras dos fondos do CGAC arredor dos eixes do espello e da diferenza. Este proxecto pretende situar o público como produtor cultural dentro da institución. "Isto supón entender o comisariado como unha ferramenta para dar voz a quen normalmente non a ten nas institucións museísticas, permitíndolle crear as súas propias narrativas arredor do patrimonio e xerar un vínculo con el. Visibilizar novos discursos permite establecer novos puntos de encontro entre o público, o patrimonio e o seu contexto", explica a presentación da iniciativa.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)