As salas da Fundación Eugenio Granell en Santiago acollen neste momento e ata o vindeiro 30 de abril o proxecto expositivo Necesitamos os teus soños, unha iniciativa aberta a incluÃr obras plásticas ou literarias de calquera persoa. O proxecto, inserido no programa de axudas ‘O teu XacobeoÂ’ da administración autonómica, propón a creación colectiva dun “mapa de soños do Camiño de Santiago” a través da participación de calquera persoa que a través dunha creación propia plasme un soño inspirándose no universo propio do artista surrealista Eugenio Granell. A fundación pretende incentivar ademais a participación entre os numerosos peregrinos que pasan pola cidade ademais de entre calquera visitante. Na sede da Fundación na Praza do Toural de Santiago porán a disposición de calquera un espazo e materiais para a creación da obra en varios formatos posibles, que logo quedará consignada cos datos da autorÃa. As obras recollidas exporanse a carón das obras orixinais de Granell nas salas de exposición da institución ata o vindeiro 30 de abril e despois editarase un catálogo cunha selección de pezas e textos dos presentados na colectiva.