Un libro, un disco e un estudo recuperan o Granell músico

O proxecto Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada conmemora os cen anos do pintor

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Capa de Miniaturas de Eugenio Granell

Capa de Miniaturas de Eugenio Granell

Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada é o proxecto co que se recupera a descoñecida faceta de compositor do pintor galego. A iniciativa comprente un libro que recollerá as partituras inéditas de Granell que se descubriron nos fondos da fundación. Canda a este volume, un estudo de Sonsoles Hernández analizará a súa creación musical e un disco dirixido polo pianista cubano Alejandro Vargano amosará a sonoridade destas pezas. A Consellaría de Cultura, a Central Folque a Fundación Granell uniron forzas neste proxecto, que sae a coincidir coa celebración do centenario do surrealista. O proxecto presentarase o vindeiro 28 de novembro, e o disco darase a coñecer ao vivo cun concerto na Cidade da Cultura o 2 de decembro ás 19:00 horas.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O son do surrealista

O proxecto Música revelada permite coñecer a música de Eugenio Granell

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eugenio Fernández Granell, Fundación Eugenio Granell, Cidade da Cultura de Galicia