Comeza a programación do Centenario de Granell

Seis exposicións levarán a figura do pintor por diferentes espazos de Compostela

13/6/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe do centenario de Granell

A anunciada programación coa que se conmemora o centenario de Eugenio Granell xa está en marcha. A mostra O encontro na poética de Eugenio Granell, que abre o vindeiro 19 de xuño na Cidade da Cultura abre o fogo das actividades. A seguir, o día 21 abre A colección étnica de Eugenio Granell no Museo do Pobo, o 28 a propia sede da Fundación, en Compostela inaugurará O surrealismo hoxe, mentres o Auditorio de Galicia acollerá Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940-1956 a partir do 19 de xullo.
O espello do pintor. Eugenio Granell nas coleccións institucionais galegas é o título da mostra que lle dedicará a Fundación Novacaixagalicia logo do 5 de xullo, mentres o CGAC lle deica, logo do 13 dese mes, Eugenio Granell. Unha película
de vinte minutos
, proxecto que pretende tratar as diferentes facetas deste creador. O propios filmes que realizou Granell mestúranse con obxectos persoais, gravacións ou documentos gráficos que amosan o traballo en cinema e fotografía deste creador.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

21/06/2012

O semestre surrealista

As actividades arredor da figura de Granell marcan a axenda compostelá na segunda metade de 2012

09/01/2013

O son do surrealista

O proxecto Música revelada permite coñecer a música de Eugenio Granell