A Fundación Granell pretende implicar á xente na celebración do nacemento do surrealista

Natalicio aberto

O vindeiro 29 de novembro cúmprense noventa e catro anos do nacemento de Eugenio Granell, o máximo representante do surrealismo en Galicia. Unha efeméride que a fundación que leva o seu nome quere celebrar un completo programa de actividades que pretenden achegar ao público á súa obra. Ademais do acto institucional previsto para ese día, desde hoxe a Fundación abre un prazo para que todo aquel que o desexe envíe unha obra (plástica, literaria...) que se incorporará ao seu sitio web. Ademais, do 22 ao 29 de novembro celebrará unha xornada de portas abertas que permitirá visitar de balde o Museo Granell.

Máis información en Fundación Granell e na sobre Eugenio Granell na nosa hemeroteca