Unha intervención de Iván Prieto inicia en Lugo o proxecto Diálogos

O traballo deste artista pode verse ata o 14 de febreiro na sala 22 do Museo Provincial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel do proxecto Diálogos

Cartel do proxecto Diálogos

O Museo Provincial de Lugo acolle desde o pasado 25 de novembro e ata o 14 de febreiro a intervención coa que arrinca o proxecto Diálogos. Esta iniciativa, que pretende establecer diálogos entre a creación contemporánea e os fondos do centro, reivindicando a súa vixencia na actualidade. Nesta primeira experiencia, Prieto, con comisariado de Rafael Lens, xoga coa idea da montaxe de exposicións mediante un grupo escultórico. A proposta continuará no futuro con outros creadores contemporáneos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Museo Provincial de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares