Patrícia Barbosa gaña o VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

A autora explora a relación de Portugal co seu pasado colonial no proxecto Proof

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de Proof

Imaxe de Proof

Proof é o título do proxecto co que a fotógrafa lusa Patrícia Barbosa se facía esta fin de semana do VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O xurado deste galardón, que organiza a Asociación Outono Fotográfico, seleccionou o sábado 14 de novembro esta serie na que a artista explora a relación de Portugal co seu pasado a través de fotografías familiares producidas durante a guerra colonial, a estudar a imaxe e o seu valor como proba e como proxección de ideas preconcibidas. O traballo de Barbosa protagonizará un catálogo e mais unha exposición que percorrerá durante dous anos as salas de Afundación por todo o país e poderá verse no marco de diferentes festivais e programas.

O xurado do premio estivo composto por Gloria Oyarzabal, Pablo Berástegui Lozano, Carme Nogueira, Encarna Lago González, Eva Torres, Vítor Nieves Xosé Lois Vázquez e como secretario Pablo G. Prieto. Ademais da gañadora, foron seleccionados como finalistas do galardón traballos de Arguiñe Escandón, Joan Alvado, Marius Ionut e Nicola Bertasi.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Portugal, Guerra, Outono Fotográfico...