Lugo convoca os bautismos de media noite de Joan Alvado

É a primeira das salas que exhibe o proxecto gañaro do X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Parte do proxecto 'Os batismos da meia-noite" de Joan Alvado

Parte do proxecto 'Os batismos da meia-noite" de Joan Alvado

O fotógrafo Joan Alvado, afincado en Barcelona, visitou o Alto Miño e atopou alí "un territorio místico, onde o illamento da contorna natural moldeou as crenzas dos seus habitantes desde hai séculos". Na procura dese universo cultural, Alvado iniciou un proxecto "a medio camiño entre a fantasía e o estudo etnolóxico, froito dun interese sxenuíno cara a unhas crenzas que moitos insisten en catalogar como folclore do pasado". Con esa proposta, que inclúe relatos de persoas do Alto Minho, un arquivo audiovisual, obxectos físicos e escaneados de libros antigos, gañou o X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O resultado exponse agora por primeira vez, comezando a súa itinerancia por Galicia na sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo. Alí permanecerá ata o 31 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Fotografía, Miño, Exposicións...