A Asociación Outono Fotográfico deu a coñecer na pasada fin de semana o fallo do X Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea, que convoca co apoio da Xunta de Galicia. O valenciano Joan Alvado fÃxose co galardón coa súa serie Os batismos da meia noite, que o xurado destacou como "un proxecto que poderÃa encaixar no xénero documental ficcionado".
O fallo destaca deste proxecto que "cunha gramática documental clásica, que denota as prácticas fotográficas do autor, fÃa nunha narrativa evocadora que pon imaxes ao intanxible da tradición e da memoria das terras arraianas do Alto Minho". O autor "traballa sobre conceptos ligados á espiritualidade ancestral da cultura galego-portuguesa. As súas fotografÃas, cunha atmosfera idÃlica, debullan a cultura de ritos e crenzas que aÃnda perviven nas serras da Raia".
Ademais das imaxes, o proxecto inclúe obxectos colleitados na zona, fotografÃas realizadas con dispositivos automáticos nos montes e mesmo "cadernos con conxuros e responsos escritos polas persoas herdeiras de saberes atávicos". O gañador verá unha exposición monográfica sobre o seu traballo que itinerará durante dous anos e sobre a que se elaborará un catálogo.
O xurado do certame estivo composto por Amaia Roldán, Rui Prata, Xabier Fernández, Xosé Lois Vázquez, VÃtor Nieves, Encarna Lago, Eva Torres e Pablo González Prieto como secretario. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, será o punto da partida da exposición do proxecto gañador, que logo visitará as cidades galegas e outras localidades de Portugal e do resto do Estado Español.
Imaxe de Os Batismos da Meia Noite. Joan Alvado.">