Isabel Dobarro gana un Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica

Os premios entregáronse en Las Vegas

  • A pianista compostelá Isabel Dobarro fíxose cun Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica polo seu traballo Kaleidoscope , do selo Grand Piano / Naxos e editado por 1/2 Tono. Segundo a editora, "Isabel Dobarro propón un percorrido pola cr...

O Consello da Cultura critica a proliferación de recoñecementos ao Patrimonio Cultural Inmaterial

A Sección de Patrimonio da entidade presentou un informe a analizar a situación da salvagarda deste tipo de bens

  • A situación da salvagarda do patrimonio cultural inmaterial , é o título do informa que a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) presentaba este 13 de novembro no marco dunha xornadas sobre este tipo de bens. ...

A Universidade de Santiago outorga os seus I Premios á Divulgación Científica

Elena Vázquez Abal e Manuel Gago Mariño inauguran o palmarés dos novos galardóns

  • A primeira edición dos premios de divulgación científica da Universidade de Santiago de Compostela xa ten gañadores. A entidade académica outorgáballe este 13 de novembro o seu premio á traxectoria divulgadora á profesora da Facultade de Mate...

A Xunta apoia o acondicionamento do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol

O Goberno inviste 250.000 euros para adaptar este equipamento como futuro museo da cidade

  • A posta en marcha do Museo da Cidade de Ferrol dá un novo paso. O Consello de Goberno da Xunta aprobaba este luns 10 de novembro un investimento de 250.000 euros de cara a adecuar o Centro Cultural Torrente Ballester para que acolla as instalacións...

Doce proxectos reparten os 300.000 euros do programa Territorio Cultura

A liña de subvencións levará actividades culturais a 60 concellos rurais do país

  • A Consellería de Cultura daba a coñecer este 10 de novembro a resolución da liña de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura. Un total de 12 proxectos reparten os 300.000 euros de orzame...

A cultura galega celebra a Camões en Lisboa

Consello da Cultura e RAG participan nas conmemoracións do 500 aniversario de Luís Vaz de Camões

  • O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Real Academia Galega e a Cátedra de Estudos Galegos da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (FLUL) organizan en Lisboa actos conmemorativos polo 500 aniversario de Luís Vaz de Camões, unh...

Cantareiras nas cidades do silencio (II)

As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional

  • Malia a seren durante anos un contexto hostil ao desenvolvemento da cultura tradicional, as cidades galegas foron e son espazos clave para a recuperación deste patrimonio. Desde as iniciativas que comezaron a valorizar o labor da cantareiras ata os ...

Paula Currás faise co XXXVIII Premio de Poesía Pérez Parallé

O certame do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene ten unha dotación de 3.000 euros

  • A trixésima oitava edición do Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé foi para Paula Currás. A autora nada en Cambre en 1996 impúxose neste galardón e levará o premio de 3.000 euros en metálico pola obra Vestiario . O volume será publi...

Quiosco: Revista Diacrítica vol. 39

A revista da Universidade do Minho analiza as relacións entre Galicia e Portugal

  • A revista académica Diacrítica vén de publicar o seu novo número —o volume 39, número 2 (2025)— baixo o título A Galiza e o Mundo em Português. Relações Culturais . Coordinado por Maria do Carmo Lourenço-Gomes e Márcia Oliveira, o mon...

Santiago acolle a primeira edición de Pixel á feira

O encontro, que se presenta como primeiro salón de videoxogos do país, desenvólvese os días 8 e 9 de novembro

  • Medio cento de proxectos galegos de videoxogos atópanse en Pixel á feira, o primeiro grande salón dedicado a esta industria no noso país. A iniciativa, que se desenvolve no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela entre os días 8 e 9 de novem...

O foro de deseño achégase aos debates de actualidade e a aplicación empresariais e sociais

A Cidade da Cultura acolle este encontro bienal no que participan destacados deseñadores

  • O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe o foro bienal de deseño FEED, organizado pola Asociación Galega de Deseño co obxectivo de achegarse á actualidade das disciplinas do deseño e das persoas que tra...

A Xunta quere trasladar aos concellos parte das autorizacións en obras do Patrimonio

A modificación será tramitada na nova Lei de acompañamento dos Orzamentos

  • José López Campos, conselleiro de Cultura, presentou en Ourense o martes a vontade de axunta de modificar a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia co obxectivo de "axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz". López Campos sinalou q...

María Vázquez recibirá o premio Ramón Piñeiro, Facer País

A actriz recollerá o galardón da Asociación Val de Láncara o vindero 29 de novembro

  • A Asociación Cultural Val de Láncara outorgoulle á actriz María Vázquez o XXIII premio Ramón Piñeiro, Facer País. A entidade recoñécelle a Vázquez que "entende que facer país é vivir a lingua, apoiar a cultura e coidar o territorio". O g...

O Goberno recoñece como vítimas da guerra e da ditadura a Maruja Mallo e o seu irmán

Cristino e Maruja foron homenaxeados xunto a Lorca, Buñuel e María Moliner

  • O Goberno de España ven de celebrar o Día de Homenaxe ás Vítimas do Golpe Militar, a Guerra e a Ditadura, no marco da Lei de Memoria Histórica, e no mesmo incluíse a homenaxe e o recoñecemento oficial como vítimas da Guerra Civil e da ditadur...

Cantareiras nas cidades do silencio (I)

A ruptura na transmisión da música tradicional fosilizou os contidos das cantigas a mediados do século XX

  • O desprazamento masivo de poboación cara ás cidades ao longo do século XX repercutiu na creba da transmisión da música e do baile tradicionais. Mulleres como as homenaxeadas no Día das Letras deixaron, nese novo contexto, de cantar e de innovar...

Retiran un barco abandonado da Ría de Betanzos para o rehabilitar

O Concello de Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas desenvolven un proxecto piloto para valorizar estes restos

  • Transformar os restos dun barco situado na Ría de Betanzos nun espazo de xogo para crianzas. Este é o proxecto piloto que queren desenvolver o Concello de Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas no marco dun programa para valorizar os ...

A elaboración de proxectos e a edición protagonizan as I Xornadas de BD Alén do Castelao

A Biblioteca Provincial da Coruña acolle os días 5 e 6 a proposta que coordina a Asociación Autobán

  • A Deputación da Coruña organiza, con coordinación da Asociación Autobán, as primeiras Xornadas Profesionais de BD Alén do Castelao . Esta proposta desenvólvese ao longo dos días 5 e 6 de novembro a tratar os procesos de edición e desenvolvem...

O TSXG exime a o Concello de Vigo de pagar polo concerto de Guns 'N Roses

A Sala destaca que "os tratos previos á contratación non vinculan á Administración en materia de contratación pública"

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de revogar a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de...

A vila que non chegou a ser

Entre a dilatada secuencia temporal do castelo de Lobarzán, os arqueólogos identifican un poboado altomedieval que non prosperou por motivos descoñecidos

  • Durante moito tempo as dez hectáreas do conxunto arqueolóxico do castelo de Lobarzán e o recinto da Ceada (Monterrei) alimentaron hipóteses sobre en que época se construíran os espazos. Tras varias campañas de escavación, os arqueólogos come...

ILG e Consello da Cultura Galega analizan a construción das identidades lingüísticas

As dúas entidades presentaron este 3 de novembro o volume Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística

  • O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, en Santiago, acollía na mañá deste 3 de novembro a presentación do volume Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística . Esta publicación do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Inst...