A situación da salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, é o tÃtulo do informa que a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) presentaba este 13 de novembro no marco dunha xornadas sobre este tipo de bens. No mesmo critica a proliferación recente de recoñecementos institucionais a estas formas de patrimonio, e o xeito no que estas declaracións dificultan medidas de protección efectiva das mesmas.
O documento, que deron a coñecer Teresa Nieto, coordinadora da Sección de Patrimonio e da Comisión Técnica para a elaboración de informes sobre patrimonio e bens culturais, xunto con Rebeca Blanco-Rotea, tamén integrante desta comisión, presentouse no encontro A salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de Galicia.
No texto analÃzanse os recoñecementos como Ben de Interese Cultural de elementos do noso patrimonio inmaterial e, segundo recolle o Consello da Cultura, sinálase que ata 2023 foran escasos os legados desta natureza que obtiveron esa distinción en Galicia. A declaración como Ben de Interese Cultural do legado de Castelao, en 2011, supuxo un fito ao ser o primeiro legado deste tipo en contar coa máxima protección legal. Desde entón, non entanto, o texto denuncia que se rexistraron poucas declaracións deste tipo ata 2024. Entre as máis destacadas, o CCG sinala "as manifestacións de diversas técnicas tradicionais e actos festivos dentro da declaración de BIC da Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra", recoñecida en 2018, e a da CarpintarÃa de Ribeira (2019), esta última considerada modélica pola creación dun órgano especÃfico de xestión con financiamento anual.
A partir de 2024, pola contra, deuse un incremento destacado na incoación de expedientes deste tipo, coa declaración como BIC do Entroido, a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, a Rapa das Bestas de Sabucedo, o xogo dos birlos de Galicia, a RomarÃa dos Remedios da Ermida e o baile e a música tradicional de Galicia.
A proliferación de expedientes supón, segundo denuncia o documento, un atraso na protección efectiva destes bens, ao demorar o proceso de rexistro e documentación das distintas manifestacións. Ademais, salienta que "as declaracións resultan tan xerais e abranguen manifestacións tan diversas en canto aos seus elementos e aos marcos espaciais nos que se desenvolven -como é o caso do Entroido-, que a miúdo a manifestación se ve reducida a dimensións (espazo, tempo e materia) máis relacionadas cos axentes externos que actúan como espectadores alleos, que coa propia práctica e coa comunidade que a mantén viva, como acontece coa Rapa das Bestas de Sabucedo".