En varias declaracións, o Conselleiro de Cultura ten anunciado que o goberno está a traballar no proxecto dunha nova Lei de Patrimonio Cultural. A actual foi aprobada no ano 1995 e careceu, segundo os expertos, dun desenvolvemento normativo que limitou as súas potencialidades, aínda que contribuiu a regular a xestión do inxente patrimonio inmoble de Galicia. Esta semana, un grupo de expertos debaten no Consello da Cultura Galega sobre a situación actual do patrimonio cultural galego, nunhas xornadas organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais. Preguntámoslle a algúns que novas ideas debera incluír a nova Lei de Patrimonio.
Iago Seara e María García-Alén, coordinadores das xornadas Situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia, no proceso de conservación e protección do patrimonio cultural están comezando a converxer diferentes disciplinas que xeran novas identidades en si mesmas. Estas xornadas coinciden no tempo co anuncio dunha nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia da que se coñece que a Xunta está a traballar nun borrador. As xornadas reuniron en Compostela a investigadores, técnicos e representantes de boa parte das institucións museísticas de Galicia.
Marcial Gondar, antropólogo
Para o antropólogo e profesor da USC Marcial Gondar a lei actual non protexe ao patrimonio na súa dimensión integral. A sociedade actual da fragmentación ten moitas boas poucas, pero non observamos o patrimonio cultural desde unha dimensión integral. A lei debera camiñar no horizonte de que non hai unha ruptura entre patrimonio material e patrimonio inmaterial, como existe actualmente. O patrimonio inmaterial non é un ente autónomo. É como unha igrexa: se lle sacas os rezos, só son pedras, e se lle sacas as pedras, non se materializa o uso colectivo do lugar.
Manuel Vilar, historiador
Na mesma liña afírmase o historiador Manuel Vilar, do instituto de Estudo das Identidades do Museo do Pobo Galego. Para Vilar, hai que concebir o patrimonio como un todo, non como cousas ailladas. Todo forma parte dun sistema cultural. Na actual lei, a presenza do que se chama patrimonio etnográfico ten unha presenza moi residual. Os elementos etnográficos paracen cousas do pasado cando son elementos do presente, asegura o historiador. Este proceso ten consecuencias negativas: Ao facer isto, córtase a emotividade, o vínculo con estes elementos etnográficos que son parte da vida de todos. Vilar valora positivamente a acción da sociedade civil, pero demanda a existencia dunha maior coordinación entre iniciativas civís e públicas para conseguir unha maior difusión do patrimonio.
Concha Varela, profesora
A profesora Concha Varela, especialistas en Biblioteconomía da Universidade da Coruña, non dubida en reivindicar unha nova perspectiva sobre as institucións da memoria, conectada aos novos hábitos dos usuarios destes centros a aos novos públicos interesados. Hoxe o coñecemento e a información estanse movendo cada vez máis no novo medio. Se ata agora o soporte xustificaba os centros, hoxe é claro que non debemos pensar do mesmo xeito o traballo que levan adiante bibliotecas arquivos e museos, asegura a profesora, os cidadáns aprenderon novas formas de acceso ao coñecemento moito máis globais, moito maís especializadas e o que lles interesa é recuperar a información alí onde estea depositada. Para Varela, cómpre repensar outra lexislación que contemple estruturas dirixidas a un novo marco de converxencia das institucións, que compartan marcos e estándares.
Á espera de coñecer o borrador do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural, os especialistas en patrimonio apostan por unha lei conectada coas tendencias actuais e que atenda á crecente presenza da sociedade civil na relación co patrimonio.